Sermos Galiza

Palabras clave:

SERM Galicia es un periódico semanal de comunicación general publicado en Gallego y Portugués.
O proxecto que impulsiona Sermos Galiza para a construción colectiva dun novo medio de comunicación galego entra definitivamente en fase de consolidación.

Aliás, é nesta situación cando máis se aprecia a necesidade de confrontarmos a ocultación da realidade, a permanente manipulación, a entusiasta prédica ideolóxica ao servizo do poder e a total ausencia de uso da nosa lingua que practican os medios do establishment. E iso só pode ser feito cun medio libre, crítico, galego e en galego, que teña o seu foco de atención informativa no noso País, e que non dependa das axudas públicas ou da publicidade comercial. Un medio influente, con capacidade de chegar a amplos sectores da sociedade e que dea conta, para alén da actualidade política institucional, do acontecer social, sindical, cultural ou ambiental e se faga eco do inestimábel labor que asociacións, colectivos ou persoas individuais desenvolven nestes como noutros campos. E aínda, que nos achegue na nosa lingua, sen mediatizar nin deturpar, a información do que acontece polo mundo fóra.
Un medio destas características só pode sustentarse no compromiso activo dos lectores e lectoras, quer como accionistas, quer como subscritores/as. É por iso que todas as persoas que compartillamos esta necesidade estamos chamadas a participar. Este proxecto é de tod@s @s que quixeren facer parte del. Lembrade o nº de conta: 2080 0319 69 3040016966 (NCG) E se xa tiverdes decidido tornarvos accionistas de Sermos Galiza, non demoredes en facelo, pois precisamos de continuar avanzando.
Agora o reto é abordarmos a definición pormenorizada no proxecto comunicativo e a organización da estrutura necesaria para podermos ter canto antes nas nosas mans e nos nosos computadores a información que a Galiza precisa.

http://www.sermosgaliza.com/

Entrepueblos Entrepueblos/Entrepobles/Entrepobos/Herriarte | Mapa del sitio | Pep Boatella Il·lustracions | Diseño Web Valladolid | <:icone_suivi_activite:> RSS 2.0 |